Crónica Triatlo da Amizade
Hola a tod@s
Esta é a crónica do Triatlo da Amizade. Desde o comité organizador dar as gracias a todos os voluntarios e colaboradores que fixeron posible a organización desta proba.
Esperamos poder seguir organizando máis edicións desta proba deportiva. Os que queirandes consultar as clasificacións poderendes faelo en:
http://www.federacao-triatlo.com/resultados.asp
Este domingo celebrouse a II edición do Triatlo da Amizade, proba organizada polo Concello de Tomiño e a Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira. Esta proba pertenece ó formato Triatlón Cross e disputouse sobre unhas distancias de 750 metros de natación, 16 Km en bicicleta de montaña e 5 Km de carreira a pe.
Nesta segunda edición a salida deuse desde o Cais do Rio Miño en Vila Nova de Cerveira. Hasta a avenida de Tomiño desta localidade acercáronse máis de 1000 personas para ver un dos momentos máis espectaculares do deporte do triatlón, o inicio de carreira.
Nesta ocasión a salida deuse desde unha plataforma flotante que por momentos daba a impresión de que se quería afundir ante a gran cantidade de triatletas que estaban esperando para tomar a salida. Nada menos que 137 deportistas, un importante incremento de participación respecto a primeira edición na que sólo participaran pouco máis de 60 triatletas.
As 5 da tarde hora galega os triatletas lanzáronse a agua, subiron durante 250 metros en direccion a Ponte da Amizade e , despois de girar nunha boia, emprenderon camiño hacia o embarcadeiro de Goián. O primeiro en chegar ó lado galego do Miño foi o triatleta galego Borja Figueroa do Club Atletismo Porriño con un tempo de 9 m. 37 seg.
O sector de bicicleta de montaña discurriu polos arredores da Fortaleza de San Lorenzo, o Centro de Goián e polas pistas que están pola zona do Pazo. O regreso a Portugal realizouse pola Ponte da Amizade.
O último sector da competición foi a carreira a pe e disputouse sobre un circuito de 2.500 metros polas ruas do Centro de Vila Nova de Cerveira ó que os triatletas tuveron que darlle 2 voltas.
O vencedor absoluto foi Borja Figueroa, segundo foi Manuel Lopez do Cidade de Lugo e terceiro Pedro Molina do Amigasa Champion. O primeiro portugués foi Rui Dolores que se clasificou na cuarta posición.
A vencedora en categoría femenina foi a galega Saleta Castro do Cidade de Lugo que chegou a meta cunha ventaxa de 7 minutos e medio sobre a portuguesa Janine Coelho do Maia Atlético Clube-MAC. A terceira clasificada foi a portuguesa Rita Ribeiro do Ginásio Clube de Sines.
O Trofeo Amizade Representacións dispoutouse entre unha selección de 6 triatletas que representaban a Galiza e outra de 6 portugueses da Región Norte de Portugal. Para establecer o vencedor deste trofeo sumáronse os dous mellores tempos dos triatletas masculinos e os dous mellores femeninos de cada selección.
Neste caso a victoria foi tamén para os galegos con un tempo total de 4h32m58s frente as 4h48m25s dos portugueses.
O momento máis esperado por todos nesta xornada deportiva foi saber quen fora o vencedor do trofeo que representa ó Triatlo a Amizade; unha escultura do artista alicantino Arcadio Blasco.
Na primeira edición os gañadores deste trofeo foron os triatletas españois e o encargado de custodialo hasta a celebración da segunda edición foi o Concello de Tomiño.
Para establece-lo vencedor sumáronse os tempos dos 31 primeiros triatletas españois e os tempos dos 31 primeiros portugueses e o trofeo foi a parar a mans portuguesas.
Hasta a disputa da terceira edición os responsables de custodialo serán os representantes da Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira.
Para o ano que ven a proba discurrirá na sua maior parte por terras galegas e a meta estará situada en algún lugar do Concello de Tomiño ainda por determinar. Esperamos que o Trofeo da Amizade volva outra vez para o noso concello.





